Xunta e Cruz Vermella colaborarán no transporte escolar de cen nenos galegos con discapscidades físicas

Fecha

15/11/2000

Medio

EUROPA PRESS - Galicia

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

IO conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso
Currás, e a presidenta da Asemblea Autonómica da Cruz Vermella
Española en Galicia, Carmen Colmeiro, asinaron hoxe a segunda
prórroga dun convenio para cubrir necesidades do transporte escolar
de alumnos con discapacidades físicas, rubricado por vez primeira en
1998.

A prórroga deste acordo, que estará vixente ata o 30 de setembro
de 2001, xustifícase debido ó alto grao de satisfacción, desde que se
asinou o convenio, na prestación do transporte escolar a un colectivo
tan precisado de protección e tutela como é o dos rapaces con
discapacidades.

A realización do transporte de alumnos con algún tipo de
discapacidade precisa dunha serie de condicións concretas como
persoal debidamente preparado, vehículos axeitados e unha especial
disponibilidades horaria polo tratamento e rehabilitación destes
alumnos en moitos casos.

A Consellería de Educación, para facer fronte á compensación pola
realización dos servicios de transporte adaptado para estes alumnos,
outorgará á Cruz Vermella 28 millóns de pesetas, entidade que
ofertará os medios.

Os beneficiarios deste convenio serán preto de 100 alumnos con
minusvalías que serán transportados a 24 centros públicos de Galicia,
tanto a centros ordinarios como a de Educación Especial desde as
catro provincias, abarcando as catro capitais de provincia e o seu
entorno como outras localidades como Foz ou Monforte.

Quizás te interese:

¿Quieres recibir noticias en tu email?