O Concello de Arteixo porá en marcha un servicio de transporte adaptado para minusválidos

Fecha

30/05/2000

Medio

EUROPA PRESS - Galicia

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

O alcalde de Arteixo, Manuel Pose Miñones, e o presidente da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), Domingo Dosil, asinaron hoxe un convenio para a integración de persoas con minusvalía. Mediante este acordo, o primeiro destas características suscrito en Galicia, o Concello porá a disposición desta asociación un vehículo adaptado para minusválidosEn el SID sugerimos utilizar la palabra o expresión Personas con discapacidad en su lugar..

Ademáis do vehículo, co nove prazas, o Concello porá a disposición de COGAMI un local, onde se ubicará a central para a xestión deste servicio. Na primeira anualidade, o Consistorio aportará 1.700.000 pesetas, tendo o convenio validez ata decembro de este ano, aínda que será prorrogable.

Pola súa banda, COGAMI xestionará este novo servicio e se ocupará da contratación dun administrativo e dun conductor, ademáis dos seus respectivos sustitutos en caso de baixa laboral. Na contratación, terán prioridade os cidadáns de Arteixo e as persoas minusválidasEn el SID sugerimos utilizar la palabra o expresión Mujeres / niñas con discapacidad en su lugar..

SOLICITUDES

A Confederación de Minusválidos será tamén a encargada de barema-la situación económica e as necesidades de cada demandante do servicio, que comenzará a funcionar en setembro, aínda que a partir de xuño empezarán a atenderse as solicitudes. O transporte estará en servicio oito horas diarias.

Na sinatura do convenio, o alcalde de Arteixo asegurou que a iniciativa pode servir de "exemplo" a outros concellos galegos e anunciou que tamén levarán a cabo outras actividades de cooperación para a integración social e laboral dos minusválidosEn el SID sugerimos utilizar la palabra o expresión Personas con discapacidad en su lugar..

Quizás te interese:

¿Quieres recibir noticias en tu email?