Familia inviste más de once millóns de pesetas en accións formativas para persoas con discapacidades

Fecha

27/03/2000

Medio

EUROPA PRESS - Galicia

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

A Consellería de Familia da Xunta de Galicia vai investir máis de once millóns de pesetas en tres cursos de formación profesional dirixidos a persoas con discapacidade, en virtude do convenio asinado hoxe na Coruña pola titular deste departamento autonómico, Manuela López Besteiro, e a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera Goyenechea.
As accións formativas centraranse nas especialidades de artes decorativas, xardinería e viveirismo, así como limpeza e mantemento de instalacións. Asemade, a conselleira presidiu a entrega de diplomas dos cursos impartidos durante o ano pasado e nos que se formaron a 49 mozos con discapacidade inscritos no Servicio Público de Emprego.
No transcurso do acto, López Besteiro subliñou a importancia destas iniciativas coma vía de inserción laboral para un colectivo "con especial dificultade para atopar un posto de traballo". Neste senso, louvou o labor da Fundación Paideia, xa que os cursos impartidos por esta entidade no 99 favoreceron a contratación de 20 mozos con discapacidade ou perigro de exclusión social na empresa Trébore.
López Besteiro visitou posteriormente as instalacións desta entidade, onde destacou o apoio que o seu departamento presta a proxectos empresariais que xeran postos de traballo para persoas con discapacidade, e que suporá que para este ano Familia destine un investimento de máis de 1.300 millóns de pesetas.
Por último, a titular de Familia subiñou o incremento do número de traballadores nos centros especiais de emprego de Galicia, que pasou de 296 no ano 94 a 742 en 199, e o feito de que o 98 por cento do seu persoal teña contratos indefinidos, fronte ó 42 por cento dos centros de España, concluíu.

Quizás te interese:

¿Quieres recibir noticias en tu email?