Educación potencia programas adaptados ás necesidades dos alumnos sobredotados e con discapacidades [en Galicia]

Fecha

12/08/2000

Medio

EUROPA PRESS - Galicia

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

A Consellería de Educación está a potenciar programas de atención ás necesidades educativas dos alumnos sobredotados e accións de integración para proporcionar ó total do alumnado, especialmente ós discapacitadosEn el SID sugerimos utilizar la palabra o expresión Personas con discapacidad en su lugar., unha cualificación profesional axeitada ó mundo social e laboral actual.

Para aqueles alumnos que requiren unha atención extraordinaria, temporal ou permanente, a Consellería dispón de medidas pedagóxicas, curriculares, organizativas e de escolarización, ademáis doutros recursos específicos. Os estudiantes ós que van dirixidos estes programas son tanto os sobredotados como os que padecen calquera discapacidade psíquica, motora ou sensorial, así como os que viven en situacións sociais ou culturais desfavorecidas.

En Galicia, a ordenación educativa dos alumnos con necesidades educativas especiais inclúese na normativa xeral para todo o alumnado, coa finalidade de acadar unha normalización. Actualmente hai case 4.500 rapaces con necesidades educativas especiais escolarizados en centros ordinarios sostidos con fondos públicos. Os alumnos, dos que case 3.850 están en centros públicos e máis de 600 en centros privados, reciben atención especializada por parte de psicólogos, pedagogos ou especialistas en Pedagoxía Terapéutica ou en Audición e Linguaxe.

Esta atención require equipamentos específicos, ademais dunha especialización profesional que só existe en centros ou en aulas de Educación Especial. Non obstante, nalgúns casos pódese combinar unha escolarización a tempo parcial entre o centro ordinario e o de Educación Especial, e son 63 rapaces os que na actualidade están nesta modalidade.

EDUCACIÓN ESPECIAL

Por outra banda, nos casos de alumnos con necesidades educativas graves e permanentes asociadas a algunha discapacidade e que requiren atención específica permanente, a Consellería propón a escolarización en centros de Educación Especial, nos que xa hai matriculados máis de 1.500 rapaces.

Nestes momentos os centros deste tipo que funcionan como recursos educativos para os centros docentes da sús zona son os tres centros de Educaión Especial específicos para xordos, nos que xa se atende a 91 alumnos.

Quizás te interese:

¿Quieres recibir noticias en tu email?