Cochón [José María Hernández (Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais)] auncia un plan de loita contra a pobreza e a exclusión en Galicia

Fecha

24/11/2000

Medio

EUROPA PRESS - Galicia

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn

O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, José María
Hernández Cochón, anunciou hoxe a elaboración do primeiro plan de
loita conta a pobreza e a exclusión en Galicia, co que se persigue
que non haxa ningunha familia gallega sen ningún membro traballando.

O titular do departamento da Xunta realizou este anuncio na
clausura do foro sobre "Política Social e Emprego", organizado polo
Partido Popular de Galicia en Lugo. Hernández Cochón tamén avanzou,
entre outras medidas, a creación un centro galego para o
voluntariado, e diversas medidas relacionadas coa vivenda, a
educación ou a desestructuración familiar dentro deste colectivo.
Para levar a cabo estas iniciativas, Cochón pediu as aportacións dos
colectivos sociais, especialmente das ONGs.

Pola súa parte, a conselleira de Familia, Manuela López Besteiro,
avogou por unha conciliación das tarefas na familia para que a
maternidade deixe de ser un obstáculo para a incorporación das
mulleres ó mundo do traballo, obxectivo para o que é necesario
implicar a toda a sociedade.

Nunha mesa redonda sobre benestar social, a presidenta da
Fundación Paideia, Rosalía Mera, afirmou que a inserción laboral das
persoas con discapacidades require a colaboración entre a sociedade
civil e a administración pública.

As persoas con algún tipo de discapacidade que se insertan no
mercado laboral consiguen algo máis que un traballo, consiguen un
lugar na sociedade, explicou Rosalía Mera, e ahí radica a importancia
da súa integración. Entre as medidas que os gobernos poden tomar para
conseguir esta inserción, salientou a necesidade de "compatibilizar
pensións e salarios" xa que na actualidade moitos discapacitadosEn el SID sugerimos utilizar la palabra o expresión Personas con discapacidad en su lugar.
renuncian a traballar porque non lles compensa perde-las súas
pensións.

Quizás te interese:

¿Quieres recibir noticias en tu email?